" />

A Xunta impulsa o labor de voluntariado que realizan 26 entidades da provincia

A Consellería de Política Social concedeu axudas a vinte e seis colectivos e entidades da provincia de Lugo para impulsar o seu labor de voluntariado. En total as axudas concedidas, que se publican hoxe no Diario Oficial de Galicia, suman 55.086,67 euros, explicou hoxe o delegado territorial, José Manuel Balseiro

As achegas económicas desenvólvense ao abeiro das ordes polas que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e para entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, e tamén as subvencións a entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividade de voluntariado.

Apoio aos proxectos de voluntariado

Ao respecto da primeira orde, recibiron subvencións a Asociación Síndrome de Down  de Lugo, a Asociación Lucense de Axuda a Enfermos Mentais Alume, a Asociación AliadUltreia, e a Asociación Xuvenil e Cultural Ateibo, así como os concellos de Vilalba, Guitiriz, Cervo, Ribas de Sil, Viveiro, Xove, Rábade, Ourol e Alfoz.

As axudas tiveron por obxectivo promover once proxectos de acción voluntaria propostos polas entidades citadas. En  total, foron un total de sesenta e un, o número de persoas voluntarias implicadas, con idades comprendidas entre os dezaseis e os trinta anos.

As accións se desenvolveron prioritariamente en torno á recuperación da cultura, arte e tradicións populares galegas, o Camiño de Santiago, traballo con colectivos en situación   de risco, actividades xuvenís, ambientais ou relacionadas coa igualdade de xénero, entre outras.

Compre destacar que neste ano, recuperouse, logo de tres anos sen convocatoria, a segunda das ordes mencionada anteriormente, que permitiu a cento setenta e sete persoas voluntarias a través de trece entidades de acción voluntaria da provincia de Lugo o desenvolvemento de programas de axuda ao fomento do voluntariado, con especial incidencia nas áreas de sensibilización social, formación do persoal, e coordinación mediante o impulso do  traballo en rede das diferentes entidades.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo