" />

A Xunta remata os estudos previos sobre a Intermodal

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de anunciar que a empresa de enxeñería encargada de elaborar os estudos previos sobre a estación Intermodal de Lugo xa concluíu os seus traballos. O emprazamento proposto para integrar nun mesmo espazo a estación de autocar e tren da cidade de Lugo –que na actualidade distan en 950 metros- sitúase ao carón da actual de ferrocarril e a execución desta nova infraestrutura contará cun orzamento estimado de 6,5 millóns de euros.

A Administración autonómica prevé presentar os datos concretos destes estudos técnicos nas próximas datas tanto ás autoridades políticas como ás organizacións sectoriais do tecido asociativo da cidade e da provincia. O estudo encargado pola Xunta de Galicia, ademais de definir o emprazamento e o orzamento de execución da futura estación intermodal, contempla unha análise doutros aspectos crave para facer realidade esta infraestrutura como son a situación urbanística  do novo emprazamento, o encaixe arquitectónico e urbanístico, os pasos a seguir desde o punto de vista administrativo, e os distintos terreos e edificios afectados.

O Goberno galego tamén ten “unha aposta clara porque Lugo se sume a intermodalidade”, explicou o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro quen explicou que a intermodalidade trátase de que nun mesmo encrave os cidadáns poidan acceder ao autobús e ao tren sen ter que desprazarse, combinando horarios, frecuencias e ofrecendo novos servizos aos cidadáns. A nova estación intermodal constitúe unha iniciativa estratéxica para o desenvolvemento territorial e económico de Lugo e garantía de mellor mobilidade dos futuros usuarios.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo