" />

A Xunta rematará esta semana as obras da LU-631 en Guilfrei

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda prevé rematar –se as condicións climatolóxicas así o permiten– esta mesma semana ou, a máis tardar nos primeiros días da seguinte, as obras de reforzo do firme que a Axencia Galega de Infraestruturas acomete na estrada autonómica LU-631, na localidade de Guilfrei, termo municipal de Becerreá. Así o explicou no día de hoxe o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, nunha visita a esta localidade.

O delegado puido comprobar o desenvolvemento dos traballos de mellora desta vía que verá mellorada a calidade do seu pavimento o que contribuirá a unha maior seguridade viaria e confort de circulación. O delegado territorial da Xunta explicou que o Goberno galego destina para este fin unha achega de 204.175 euros e farase con cargo ao contrato de conservación ordinaria.

As obras, en plena execución, consisten na disposición dunha nova capa de rodaxe, de mestura asfáltica en quente -tipo AC 16 surf S- en toda a súa lonxitude, é dicir, desde o PK 0+000, onde conecta coa estrada LU-636 (Sarria-Becerreá) ata o PK 3+880. Balseiro significou a importancia destes traballos que responden a unha demanda dos veciños da localidade e dixo que o novo pavimento ofrece mellores garantías para a circulación e de duración do pavimento incluso en condicións climatolóxicas adversas propias dos concello de Montaña, nun tramo que sirve de conexión entre este núcleo de poboación e a capital da comarca.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo