Xuntanza da alcaldesa cos veciños afectados polo ruído da rúa Castelao

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este luns no Salón de Comisións unha reunión cuns quince veciños da rúa Castelao co fin de abordar a problemática que denuncian en relación coa movida nocturna desta zona e trasladar os pasos que está dando o Concello para buscar unha solución ante inoperancia da Xunta.

A rexedora explicou que o Goberno galego, a través da Consellería de Presidencia, remitiulle ao Concello a finais do ano pasado un conxunto de denuncias a establecementos hostaleiros, entre elas unha trintena dun situado na rúa Castelao, formuladas pola Policía Local –que datan de entre decembro de 2014 e xullo de 2015-. A Xunta alega que a reforma lexislativa materializada pola Lei de Seguridade Cidadá –que entrou en vigor o 1 de xullo de 2015- desposúe á xefatura territorial de Presidencia da competencia de incoar, instruír e resolver os expedientes sancionadores pola comisión de infraccións en materia de espectáculos e actividades recreativas, entendendo que a partir dese momento deben ser as entidades locais as que teñen que asumilas. Co fin de aclarar este punto e determinar as responsabilidades e competencias de cada institución, o Goberno solicitou un informe á Asesoría Xurídica municipal.

De calquera xeito, a Alcaldesa puxo de manifesto que a gran maioría das denuncias a establecementos remitidas pola Xunta ao Concello a finais de ano foron presentadas pola Policía Local antes de que entrase en vigor a devandita Lei de Seguridade Cidadá. Polo tanto, a Xunta estivo “dous anos sen asumir a súa responsabilidade, sen facer nada, coas denuncias metidas nun caixón”.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com