" />

Xuntanza no Courel polas demandas para manter o sistema actual do transporte escolar

Representantes do BNG reuníronse onte con nais e pais da ANPA e  taxistas de Folgoso do Courel, que encabezan as mobilizacións en defensa do actual sistema de transporte escolar do CPI Poeta Uxío Novoneyra.

Na xuntanza, as nacionalistas expuxeron as iniciativas políticas a desenvolver para esixir á Xunta de Galiza o mantemento das rutas e paradas actuais, que garanten as mellores condicións para o alumnado e dan emprego a seis taxistas locais. Entre elas presentar  “unha iniciativa na Comisión de Peticións do Parlamento Europeo para denunciar a discriminación causada pola decisión do goberno galego, porque  “a Unión Europea pode e debe pronunciarse sobre este asunto porque está en cuestión o uso de fondos europeos destinados á mobilidade e porque a licitación das rutas foi publicada no Diario Oficial das Comunidades Europeas”.

Segundo os nacionalistas “o plan de transporte da Xunta de Galiza bate de fronte coa filosofía dos fondos europeos e incumpre a Estratexia Europea para as Zonas de Alta Montaña, que alude especificamente as necesidades específicas de transporte destas zonas e que se reforzará no novo marco financeiro que se está a negociar nestes momentos en Europa”

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo