Xuventude aposta por un entroido virtual e a ritmo de rap

A área de Xuventude, que dirixe Ana Abelleira, aposta por un entroido virtual. Faino tendo en conta as limitacións que impón a pandemia pero sen deixar atrás a alegría e o inxenio que caracterizan a estas datas.

Co obxectivo de dotar de ferramentas para que os máis novos poidan realizar eles mesmos os seus propios maquillaxes e caracterización para este atípico entroido, Xuventude organiza para o venres 12 e o sábado 13 dous obradoiros de maquillaxe. O venres será en xornada de tarde, de 17:00 a 20:00 horas, e o sábado 13;en quenda de mañá, de 10:00 a 13:00 horas. Tamén a través das redes sociais oficiais de Xuventude de Lugo.

Entre as actividades contaremos o luns, 15 de febreiro, cun obradoiro de cociña, que se estenderá tamén ao martes, 16 de febreiro; a través das redes sociais oficiais de Xuventude de Lugo, dende as 19:00 horas. Ana Abelleira enxalzou a boa acollida que teñen os talleres de cociña organizados con anterioridade para a mocidade, xa sexa de receitas internacionais ou de Nadal, entre outros; “polo que unha vez máis queremos dar a oportundidade de pór en práctica as habilitades culinarias dos rapaces e rapazas”, e que ao ser online e en aberto tamén se amplian ao resto da cidadanía.

Este entroido terá ritmo de rap, pois, segundo adiantou Ana Abelleira, celebrarase unha masterclass os días 12, 13 e 14, dende as 22:00 ás 00:00  horas, polas mesmas canles telemáticas que as actividades anterirores. Correrá a cargo do rapeiro lugués Diego Cabado Vázquez, coñecido como DCV; mozo que acumula diversos anos nas plataformas de todo o territorio galego e que se define polas súas letras íntimas e persoais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com