" />

Xuventude propón dende mañá obradoiros online de cociña de Nadal

A área de Xuventude do Concello de Lugo, que dirixe a edil Ana González Abelleira, ofrece este mércores o primeiro obradoiro online de cociña de Nadal. Será a partir das 18:15 horas a través da conta de Facebook e Instagram de Xuventude de Lugo, dende a que tamén se emitirán dúas sesións máis, o mércores 30 de decembro e o luns 4 de xaneiro, no mesmo horario.

Trátase de obradoiros prácticos telemáticos con receitas típicas das datas de Nadal, que incluirán a elaboración de entrantes, pratos e un postre. Ideas orixinais para que a mocidade goce destas festas potenciando a súa creatividade e as súas habilidades culinarias.

Estas clases súmanse ás de Cociña do mundo, que se trasmiten tamén nas redes sociais oficiais de Xuventude, os sábados, ás 11:00 horas, ata o 16 de xaneiro. Un ciclo que xa ofreceu dúas receitas que achegaron á mocidade espectadora a México e outra ao norte de África.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo