Chantada incrementa as prestacións municipais coa contratación de 5 desempregados

A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, informou hoxe que o Concello de Chantada incrementa as prestacións municipais aos veciños do municipio a través da contratación de 5 lucenses en paro que agora están a traballar en dita localidade a través do DepuEmprego. Fíxoo cunha achega de 70.000 euros que permitiron a contratación deste persoal. Trátase da programación provincial que o Goberno da Deputación dotou con 3,5 millóns de euros cos que se financiar custos laborais de novos empregados nos municipios lugueses de menos de 20.000 habitantes.

López Izquierdo, explicou que “dende o Goberno da Deputación decidimos pór en marcha esta programación pois somos conscientes das limitacións que teñen os municipios para contratar a máis persoal, co que mellorar o catalogo de servizos que os Concellos ofrecen aos veciños”.

Neste senso, a Deputada lembrou que no 2007 a taxa de reposición era do 100% mentres que nos últimos anos, salvo excepcións de grupos especiais, a reposición foi o 0%, o que. “É dicir, por cada 10 traballadores públicos que se marcharon, só entrou 1 a traballar na administración, ocasionando unha merma na calidade dos servizos que se ofrece aos veciños”, apuntou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo