A CIG recurre as bases dunha praza de técnico superior no Concello de Sarria

A CIG vén de presentar recurso de reposición contra as bases para o acceso a unha praza de técnico superior de integración social para persoas dependentes e o servizo a comunidade para a Residencia de Sarria, por entender que “dita convocatoria corresponde realmente a unha convocatoria encuberta do posto de Dirección da Residencia”, e dirixida a que sexa ocupada por unha persoa concreta.

Así, esta praza convócase xustamente após de que a persoa que desempeñou a praza de Directora da Residencia se lle rescindira o seu contrato por cumprir dous anos de antigüedade, tempo máximo para estar traballando na administración de xeito temporal, “e resulta curioso que esa persoa teña xustamente a única titulación que se require nas bases para a praza que se convoca”.

A CIG denuncia, entre outras cousas, que as funcións que se requiren nas bases superan “con moito” as propias dun Técnico de Integración Social, “posto que son funcións propias de persoal de dirección e de administración”. Igualmente, segundo indica o sindicato, “resulta altamente chamativo que a praza se convoque en base a un informe de Secretaría, que á súa vez foi emitido despois dun informe presentado desde a Dirección da Residencia, ostentando naquel momento a dirección da mesma persoa que posee a única titulación que se require nas bases, o cal representa un feito altamente grave en calidade democrática”.

Dende a Confederación Intersindical Galega denuncian que reducir o ámbito da convocatoria da praza ás persoas coa titulación de Técnico de Integración Social supón “unha clara manobra” para reducir o número de persoas que se poidan presentar a dita praza, e que “violenta os dereitos de persoas que teñan titulacións similares ou superiores a presentarse á convocatoria, incluso de persoas con titulacións con contido académicos máis acordes ás funcións que se establecen nas bases”, o cal supón unha situación que, segundo a CIG, “choca frontalmente” cos principios de igualdade, mérito e capacidade que deben de cumprirse na contratación  pública.

“Desde a CIG entendemos que estamos ante un claro caso de praza deseñada ad-hoc para unha determinada persoa, o que entendemos que é unha práctica absolutamente impropia dunha administración pública, polo que de non prosperar o noso recurso de reposición acudiremos á vía contencioso-administrativa para denunciar a convocatoria de dita praza”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Lorena
    Mar 03, 2018 - 11:36 AM

    Paréceme mb que se faga xustiza contra esta persoa que o único que fixo foi destrozar a profesionalidade de moitos traballadores e cargarse o traballo de xente eficiente con moitos anos de traballo e estudios acabados.con todo isto quero facer un chamamento os xuices para que personaxes coma estés que so fan dano e so queren chegar os postos a base de compralos e de que lle inflen os títulos,teñan consideración para os xuizos que ten esta persoa pendientes e outros que xa perdeu.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo