Lugonovo advirte que o goberno está a incumprir a lei de contratos

Lugonovo advirte que o goberno local está a incumprir a Lei de Contratos do Sector Público logo de levar sen publicar ningún expediente menor dende o pasado 9 de marzo.

“O texto é meridianamente claro”, sinala Cristina Pérez Herráiz. “Os contratos menores deberán ser rexistrados no perfil do contratante a lo menos, trimestralmente con datos sobre o obxecto, a duración, o importe da adxudicación, incluído o IVE e a identidade do adxudicatario, un concepto este último polo que ademais deben clasificarse. Sen embargo, dende o día que entrou en vigor a LCSP non hai nin rastro na páxina web municipal da súa tramitación. ¿Quérenos dicir o executivo que non se xestionou ningún nos últimos tres meses ou será, directamente, que cre poder quedar ao marxe das obrigas legais?”.

Dende a agrupación, a súa portavoz insta á responsable da área económica a axilizar a difusión deste tipo de licitacións. “Non se trata dunha cuestión de vontade política senón dun deber que, coma o resto de administracións, a de Lugo tamén ten que acatar e máis cando unha das finalidades que motivaron a modificación da normativa foi a de mellorar a transparencia, un concepto que, se ve, lle resulta certamente impreciso e complexo de asimilar a este equipo de goberno, que leva dende marzo sen dar razón dos concertos menores que asina, a quen llos outorga, para qué servizos e con qué importe”.

Así, Pérez Herráiz refire que pese a publicarse algúns expedientes, estes se corresponden ou ben con procedementos maiores, ou con outros que, sendo de reducida entidade económica, se formulan, segundo criterio do servizo que os promove, como abertos simplificados coa fin de propiciar a concorrencia. “Nada que ver con outras adxudicacións que se conceden de xeito discrecional e das que non sabemos absolutamente nada como, por exemplo, as aprobadas nos últimos días para as actuacións, as actividades das asociacións e a promoción do Arde Lucus, ou mesmo para a adquisición de mesas de ping pong, as aportacións a premios deportivos ou para a creación dunha zona de autocaravanas preto do MIHL e que, por certo, se trasladou con dilixencia á prensa omitindo que a beneficiaria será, unha vez máis, a empresa Sanle”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo