Nova charla informativa sobre as cláusulas solo en Lugo

Durante o acto explicaranse as consecuencias da Sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea. Asemade falarase do contido do Real Decreto, Lei 1/2017, 20 de xaneiro, sobre devolución de cláusulas solo.

Tamén o intervinte dirá como reclamar aos bancos a súa devolución integra, recuperación dos gastos de formalización de hipoteca, gastos de notario e do Rexistro da Propiedade, así como recuperar os impostos ocasionados por Actos Xurídicos Documentados. Neste acto intervirá Patricio Viveiro, avogado, asesor de “Con Lupa”.

O acto será público e aberto a todas as persoas afectadas ou interesadas por estes produtos financeiros.              

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com