O goberno local estuda a fluidez do tráfico no cruce de San Fernando e San Eufrasio

O Goberno de Lugo vén de encargar dúas importantes actuacións incluídas no Plan de Barrios que contribuirán a mellorar a mobilidade de vehículos e peóns, obxectivo central do seu modelo de cidade. Trátase, por unha banda, da redacción do proxecto para crear unha nova glorieta no cruce de San Eufrasio con Fontiñas e, por outro, da elaboración dun estudo de tráfico na intersección da Ronda da Muralla coa Avenida da Coruña, á altura da porta de San Fernando, dous puntos que rexistran unha moi elevada densidade de tráfico por encontrase en arterias de  comunicación, que precisan dunha reordenación para gañar fluidez e seguridade.

No caso da glorieta de San Eufrasio, unha vez redactado o documento técnico, que determinará a solución máis axeitada para o cruce, tendo que conta a forte pendente que existe na zona, o Executivo abordará coa Xunta a cesión do tramo necesario da LU-530, de titularidade autonómica, para poder acometer as obras.

En canto á intersección da Ronda da Muralla coa Avenida da Coruña, o Goberno encargou un estudo de tráfico a través de ferramentas de simulación, que proporcionan imaxes sobre os movementos de vehículos e viandantes que rexistra este punto, co fin de determinar despois a medida máis acaída para regular a circulación, pois, aínda sendo viable unha rotonda, podería descartarse tendo en conta a elevada afluencia de peóns.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo