O PP denuncia a escasa sinalización do peche do mirador do parque Marcos Cela

O Partido Popular quere saber se pasar pola pasarela de madeira do Parque Marcos Cela é seguro. A concelleira popular Ana López Pombo lembrou que “este paso pechouse hai dous meses logo dun corremento de terras da ladeira onde está anclada a estructura de madeira e que tivo lugar o pasado 19 de marzo”.

A edil popular explicou que na actualidade “os valos que se colocaron a ambos lados da pasarela para impedir o paso están abertos de par en par” e que “neste momento os lucenses acceden, sen problema, á pasarela de Marcos Cela descoñecendo se hai algún tipo de risco” matizou a concelleira. Dende o PP, segundo afirma López Pombo, queren saber se o goberno local deu algún paso para asegurar esta estructura logo do corremento de terras xa que “sospeitamos que os valos provisionais que se puxeron para disuadir aos veciños para que non utilicen este paso foi a única acción que fixo o goberno”. Tamén preguntou cando teñen previsto retirar “as pedras e a
terra que hai acumulada ao pé da escaleira da Volta da Viña”.

A popular insta aos socialistas a abrir o paso do Marcos Cela o máis axiña. Mentres non se arranxa a popular reclama que se é necesario valar que se faga con todas as garantías e que se coloque un cartel informativo explicando os motivos do corte”.

A edil preguntará aos socialistas se avaliaron a necesidade de levar a cabo un plan de drenaxe nesta zona, tamén quere saber si, tal e como está, é seguro circular por este mirador de madeira; outra cuestión que pide aclarar é cando teñen previsto abrir o paso.

Ana López Pombo tamén aproveita, esta batería de preguntas, para reclamar información sobre o futuro do proxecto para peonalizar a Volta da Viña xa que é un punto moi perigoso para os peóns que utilizan esta zona para baixar ata Miño.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo