O PP reclama a limpeza urxente dos sumidoiros de Lugo

O Grupo Municipal do Partido Popular advirte ao goberno local da necesidade de “poñer en marcha, canto antes, o plan de mantemento e de reforzo da limpeza dos sumidoiros de Lugo” que se aprobou en pleno, a iniciativa do PP, antes do verán”.

A concelleira do PP Ana López Pombo asegura que “urxe desatascar estes elementos de drenaxe para evitar futuras inundacións” asegurando que “no chequeo realizado, en diferentes rúas da cidade, se evidencia que non se realiza unha limpeza periódica provocando a acumulación de terra, cabichas, plásticos ou envases no seu interior”. López Pombo subliñou que mesmo “hai algún sumidoiro no que, incluso, a masa de terra e pedras xa está compactada e é imposible que se desfaga coa auga da chuvia precisando dunha limpeza moito máis profunda”.

O Plan de actuación nos sumidoiros que propón o PP inclúe, tamén, o estudo dos elementos de drenaxe suxerindo que se analice a posibilidade de modificar o tamaño, forma, ou número de unidades xa que hai zonas nas que segundo a pendente que teñan os elementos existentes poden ser pequenos ou insuficientes.

A popular afirma que a falta de limpeza dos sumidoiros é unha consecuencia directa da privatización do Servizo de Augas lembrando que o seu mantemento era unha tarefa deste departamento. “Ao desmantelar o servizo municipal os socialistas decidiron encomendar esta responsabilidade á concesionaria do servizo de limpeza e arestora descoñecemos se seguirán con este cometido ou si se vai a derivar á empresa que se encargue da xestión das augas residuais”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Manuel Novo Cobas
    Ago 23, 2017 - 06:05 PM

    A predicar con el mismo ejemplo en los ayuntamientos que estan gobernados por el pp….

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo