José Ramón Gómez Besteiro arroupado por Pedro Sánchez na súa candidatura á Presidencia da Xunta

Pedro Sánchez anunciou que este “2024 vai ser o ano do cambio político en Galicia” durante a convención política celebrada hoxe en Santiago baixo o lema “Agora Camiña Galicia” e onde arroupou ao candidato do PSdeG á presidencia da Xunta,  José Ramón Gómez Besteiro.

Durante a súa participación no acto, Sánchez sinalou que “lle ofreceu un posto de ministro a Besteiro, e que o líder dos socialista rexeitou “porque aspira a ser presidente da Xunta de Galicia”.

Pedro Sánchez tamén criticou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, rexeitase o uso das linguas cooficiais no Congreso e felicitou a Besteiro por ser o primeiro en usar a lingua galega no Congreso dos Deputados.

Pola súa parte, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou ao PSdeG como “a única alternativa real e viable” e sinalou “hoxe estou disposto a sacar a mellor versión de Galicia, ofrecer unha nova senda pola que se poda camiñar, onde rompamos con esa inercia para construír o país  que os galegos merecen”.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com