10.000 euros en premios no Merca e Gaña polo Nadal

O Voceiro do Goberno Provincial, Álvaro Santos Ramos, a Concelleira de Economía de Lugo, Ana Prieto Nieto, e o Presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas López, informaron este venres do inicio do Merca e Gaña polo Nada. Trátase dunha campaña de sensibilización coa que a Deputación, Concello e os comercios, a través da súa Federación, buscan incentivar e promover entre a veciñanza as compras nos 800 comercios da cidade de Lugo durante o Nadal. Para elo, ofrécense premios dun total de 10.000 euros para reinvestir no comercio local.

Santos Ramos destacou que o sector do comercio da capital lucense dá emprego a unhas 2.000 familias, nos máis de 800 establecementos, o que dá mostra da importancia do comercio local para a economía municipal. Neste senso, o voceiro lembrou que as compras durante o Nadal supoñen máis do 25% das vendas anuais, superando o 30% en tendas infantís ou droguerías.

“Queremos concienciar á cidadanía da importancia de mercar no comercio de proximidade pois mercando nos establecementos de proximidade gañamos todos”, destacou Prieto Nieto apuntou que “este tipo de campañas son fundamentais para poñer en valor a figura do pequeno comercio, de todas esas tendas que temos nas nosas rúas, ao pé das nosas casas, que son os que realmente axudan manter a economía da nosa cidade”. Así, a rexedora municipal defendeu que “ademais da xeración directa de emprego, o tecido que se crea ao redor destas pequenas tendas, crea aínda máis recursos e riqueza para os veciños”.

Seijas López subliñou que “o obxectivo fundamental desta campaña é encher de Nadal a provincia de Lugo e crear ese ambiente festivo e alegre propio destas datas fomentando as compras. Ademais con esta iniciativa apostamos por incentivar o uso das novas tecnoloxías, tanto por parte dos consumidores como dos comerciantes, pois temos claro que a dixitalización do comercio é o presente, un paso obrigado”.

Merca e Gaña polo Nadal desenvolverase dende o 6 de decembro ao 6 de xaneiro. Durante estas datas, ademais de incentivar as compras no comercio local con material promocional nas rúas dos 67 Concellos ou en redes sociais co hashtag #nadalmercaegaña. As persoas que merquen en calquera dos establecementos da provincia poderán participar no sorteo de 20 tarxetas regalo de 300 euros e outras 20 de 200 euros. Para elo, débese fotografar o tícket da compra e rexistrala en www.nadalmercaegana.com ou solicitar o seu rexistro ao comerciante. O sorteo ante notario será o 11 de xaneiro. Máis información en www.nadalmercaegana.com.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com