Décima convocatoria da Marea Branca pola Sanidade

A Marea Branca constituida no seu día para defender a sanidade pública, celebra maña domingo a súa décima convocatoria, ás 12:30 h na Praza Maior. Á mesma sumarase a Plataforma pola Saúde de Lugo.
Esta convocatoria que se celebra o terceiro domingo de cada mes, nesta ocasión adiántase a este segundo domingo por mor dos actos de Semana Santa, e levarase tamén a cabo na Coruña e Pontevedra.

A Marea Branca ía celebrarse tamén en Santiago pero por mor da súa prohibición por parte da Subdelegación do Goberno da Coruña non vai ter lugar nesta cidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com