" />

1100 euros e 14 puntos do carné por tentar escapar da Policía en Lugo

Na mañá do luns, nun dos controis establecidos no Polígono do Ceao, os axentes detectaron a circulación dun Quad no que, o seu condutor a notar a presenza policial decidiu fuxir por varias rúas do polígono realizando xiros a gran velocidade, e derrapaxes, así como adiantando vehículos e saltándose a luz vermella dos semáforos para escapar da Policía que lle facía, ademáis, sinais para que se detivese.

Ao ser interceptado, os axentes procederon á denuncia de ata catro infraccións polas que se enfronta a varias sancións económicas ademáis da retirada de puntos.

Por conducción temeraria, o condutor do Quad se enfronta a unha sanción de 500 euros e a retirada de 6 puntos, por saltar un semáforo en vermello, 200 euros e 4 puntos, por desobedecer as ordes e sinais dos axentes outros 200 euros e catro puntos do permiso de condución e, por último, ao non presentar o vehículo a Inspección Técnica correspondente, outros 200 euros. En total, o infractor se enfronta a unha sanción de 1100 euros e a perda de 14 puntos do carné.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo