13.000 escolares celebran os días da árbore e da auga prantando un bidueiro no seu colexio

Un total de 12.848 escolares de toda a provincia plantaron esta mañá bidueiros nos seus colexios para pechar as actividades enmarcadas na 8ª Semana Escolar da Árbore e da Auga, que se desenvolveu estes días en 103 centros públicos de Educación Infantil e Primaria da provincia, organizada pola institución provincial co obxectivo de conmemorar os días mundiais da árbore e da auga, o 21 e 22 de marzo.

A Deputación editou os libros titulados A camiñada de Pin e O poder da auga, con historias de ficción axeitadas ao alumnado dos cursos de Educación Infantil e Primaria respectivamente. Nesta edición, a primeira das historas fala de dúas pingas de auga que viven a aventura dun ciclo elemental; e a outra, dunha dama da auga que loita contra a contaminación e salva as árbores. Ambas as dúas historias reflicten a importancia da choiva para a natureza, xa que sen auga non hai vida, e as tramas desenvólvense nos espazos naturais da provincia.

Para establecer as actividades elaborouse un programa con propostas de traballo e editouse unha guía do profesorado que achega pautas para optimizar o emprego dos libros, que recibiron todos e cada un dos escolares inscritos, co obxectivo de achegar ás aulas a importancia da auga e o seu ciclo na natureza, de xeito que o alumnado goce e aprenda ao mesmo tempo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo