130 cabezas forman parte da Feira de Rubia Galega

O Presidente  da Deputación en funcións, Darío Campos Conde, xunto ao Presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, participaron este sábado, no recinto gandeiro do Concello do Corgo, no XXXII Concurso Nacional e na XCI Subasta de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega, organizada por ACRUGA e que conta coa colaboración do organismo provincial. Esta cita, reuniu a 130 cabezas de gando de raza rubia galega de diferentes explotacións gandeiras.

Campos Conde sinalou que “esta feira, xa asentada na provincia, é a máis importante do ano para os gandeiros da raza rubia galega, que proceden tanto da Comunidade Galega coma do resto do país. Neste evento pódense adquirir exemplares de moi boa calidade morfolóxica e xenética, co que incentivamos a economía local, especialmente no rural”.

Na poxa, que comezou ás 12:00 horas, houbo 25 exemplares, 12 procedentes de explotacións gandeiras privadas, 4 machos de ACRUGA e 9 xatas preñadas na Granxa Gayoso Castro da Deputación. Ademais, Caixa Rural ofreceu axudas de 200 euros para a compra das femias e de 300 euros para os machos.

No concurso, presentáronse 101 animais, 80 femias e 21 machos e recibiron premio os tres primeiros clasificados de cada categoría.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Eutasia
    Xuñ 22, 2019 - 10:10 PM

    e non teriades unha foto dunha rubia?

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo