De novo praias de Barreiros e Burela acadan bandeiras azuis

O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, valora positivamente a concesión de seis bandeiras azuis a outras tantas praias deste concello. Os areais que recibiron este recoñecemento son As Pasadas, Lóngara,Coto, Acantilado-Remior, Arealonga e Fontela-Valea.

O rexedor lembrou que “este ano decidimos non pedir a bandeira para a praia de Altar precisamente polo problema que xurdía coa práctica do kitesurf e do surf nesa praia. É unha praia que reúne todos os requisitos para a bandeira azul, aínda que temos ese pequeno inconveniente”.

O rexedor barreirense subliñou “o recoñecemento para esas seis praias e tamén destacar a bandeira azul de Arealonga, que despois de tanto como se incidiu nela, este ano os análises de auga e todo volveron dar ben. Polo tanto puido optar a ese galardón e volve izarse esa bandeira azul na praia de Arealonga”.

Por outra banda o alcalde de Burela, Alfredo Llano, tamén mostrou a súa satisfacción polas bandeiras azuis que luciran este ano 2016 as praias de O Portelo, A Marosa e Ril.

Llano manifestou que “aparte está a bandeira azul para Gaia, que significa que este noso departamento específico de medio ambiente está funcionando ben. E tamén nos deron a do barco museo, o que implica que o barco está consolidando unha forma de interpretar o medio ambiente. Aparte que alí temos un museo sobre como se fai a pesca no noso porto, que é artesanal e sostible medioambientalmente. Pero tamén temos outra bandeira azul, correspondente a unha ruta a carón do mar, á que tamén lle damos importancia”.

O alcalde burelés declarou que “estamos moi contentos porque isto reflexa que se está traballando ben, en positivo, e que realmente se agradece este traballo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo