14 artistas plásticos da Mariña expoñen as súas obras na mostra ‘Mariñarte’ de Ribadeo

Obras de catorce artistas plásticos da Mariña lucense, moitos deles ribadenses e outros vinculados a outros lugares da zona, están expostas no forte de San Damián ata o día 19 deste mes. Estas creacións forman parte da mostra Mariñarte 2015, que foi inaugurada polo concelleiro de Cultura ribadense, Farruco Graña Rama.

“A anterior exposición que tivemos foi visitada por unhas 1.400 persoas. É atractivo o lugar para facer unha exposición, é atractivo o entorno para dar un paseo e aproveitar que está o forte de San Damián aberto para ver unha exposición que neste caso, ademais é moi gratificante xa que podemos contemplar a obra que se está formando, que está saíndo adiante e que están empezando como creadores: tanto fotógrafos como pintores, ou deseñadores. Podemos ver que hai futuro e hai esperanza porque a creación artística en Ribadeo e na Mariña luguesa ten forza e futuro”, comentou o edil de Cultura.

Farruco Graña engadiu que “a creación artística de Chus Colmenero, de Cristina Basanta, de David Rivas, de Eduardo Fernández, de Eugenia Fernández de Sela, de Eva Rivas, de Javier Peralta, de Joseba Muruzabal, de Jotace, de Lucía Vila, de Mateo Guerreiro, de Nacho Riesco, de Patricia Arellano e de Ticiana Ghiglione está entre os muros do forte de San Damián, no que espero que todos poidamos gozar de cada un deses cadros, fotografías e deseños”.

Ademais o concelleiro de Cultura animou “a todos e a todas a vir, a todas as persoas presentes aquí a que animen aos seus amigos, amigas e compañeiros a que se acheguen polo forte de San Damián. O Concello de Ribadeo seguirá apostando pola xente nova que quere comezar a mostrar a súa capacidade creadora, concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com