" />

15 colectivos participan na 2ª Feira de Asociacións de Deputación, Concello e FADAS

A Deputada de Benestar Social, Sonsoles López Izquierdo, o Concelleiro de Medio Rural de Lugo, Miguel Fernández, e o Presidente da Federación de Asociacións do Ámbito Social de Lugo (FADAS), Gerardo Castedo inauguraron hoxe na praza de San Marcos de Lugo, a 2ª Feira de Asociacións que organiza este colectivo, coa colaboración da Deputación e do Concello de Lugo.

Con esta cita, FADAS e os Gobernos Provincial e Municipal queren dar a coñecer e visibilizar o traballo e os distintos proxectos que desenvolven ditas asociacións durante todo o ano. Deputación e Concello destinan unha achega económica de 12.000 euros a FADAS que permite á federación ofrecer atención profesional a máis de 8.000 veciños da provincia a través das súas programacións sociais.

Durante toda a xornada, que se desenvolverá dende ás 11:00 ata as 21:00 horas, as entidades que participan na feira contan con postos de información para explicar e asesorar aos visitantes sobre os diferentes servizos que ofrecen ditos colectivos. As áreas de actuación nas que traballan as asociacións da Feira son: familia, muller, infancia, persoas en situación de risco ou vulnerabilidade, saúde, emprego, inmigración, comercio xusto, cooperación, voluntariado, cultura e deporte.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo