1550 persoas con discapacidade da provincia, na bolsa de emprego de Cogami

O Servizo de Orientación e Intermediación Laboral (SIL) da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) acadou durante o ano 2021 a inserción laboral de 204 persoas con discapacidade e/ou incapacidade laboral para a ocupación habitual na provincia de Lugo, das que 51% son homes e o 49% mulleres.

Cabe destacar que estas persoas inseridas foron posibles nunha das 118 empresas contactadas, das que 43 foron novas visitas durante o pasado ano na provincia polo servizo SIL. O 77% destas insercións realizáronse en empresa ordinaria e o 23% nunha empresa protexida de economía social.

O Servizo de Emprego de COGAMI, posto en marcha en 1996 como aposta pola inclusión das persoas con discapacidade no mercado laboral, conta cunha bolsa de emprego que contempla 1.551 persoas inscritas como demandantes de emprego, o 59% homes e 41% mulleres.

Como perfil dominante, o 86% destas persoas inscritas teñen recoñecida a discapacidade física e, atendendo á idade, o 19% comprende entre os 18 e 40 anos, o 56% está na franxa de 41 e 55 anos e o 25% restante con idade entre os 56 e os 65 anos. Distribuídas por comarcas, a de Lugo contempla maior porcentaxe de persoas inscritas sendo o 48%; seguida co 17% pola comarca da Mariña e o 12% pola de Terra Cha.

O servizo de emprego de COGAMI conta cun equipo formado por 4 profesionais de orientación laboral e 1 técnico Incorpora con punto de atención na cidade pero tamén se despraza para atender ás zonas de ámbito rural. Este equipo durante o ano 2021 realizou 1.097 orientacións das que 100 foron a persoas novas que pasaron a formar parte do servizo.


Imaxe de arquivo: Curso Cogami

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com