180 prazas para os campamentos de verán da Rede Museística

O goberno provincial vén de abrir o prazo para inscribirse nas actividades de verán que organiza a Deputación na Rede Museística Provincial. Trátase de actividades dirixidas a máis de 180 rapaces de entre 4 e 12 anos, alónganse desde o 1 de xullo ata o 30 de agosto. As actividades son totalmente de balde, o prazo para anotarse remata o día 26 de xuño no Museo Provincial e o día 27 no Museos do Mar, no Museo Fortaleza San Paio de Narla e no Museo Pazo de Tor. Para formalizar a inscrición é necesario presentar un formulario específico dispoñible nos Departamentos de Didáctica de cada sede museística.

Neste verán, a programación da Rede Museística cambia o formato da oferta, pero non a filosofía que move as actividades: os rapaces vivirán unha experiencia lúdica na que coñecerán e crearán a partir das ciencias, as artes ou a arqueolóxica, tendo en conta sempre a igualdade, a interdisciplinariedade e a sostibilidade. A programación, estará impartida por profesionais da Rede e nun espazo con importante valor histórico.

Actividades para maiores

Todas as sedes da Rede Museística da Deputación contarán tamén co obradoiro Álbum de Memoria no que os maiores traballarán as súas lembranzas a partir dunha selección de obxectos de cada Museo, usando a psicoestimulación cognitiva e a técnica da reminiscencia, tratando de establecer pontes entre o pasado e o presente.

Ademais, durante todo o verán, nas catro sedes realizaranse actividades con diferentes colectivos, entre as que destaca a colaboración Escénicas en Rede con varias asociacións ou a obra de teatro Vida Cómica, interpretada pola Compañía de Teatro IMPROvabilidades composta por persoas usuarias do centro COGAMI-Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com