" />

185 persoas gozaron das actividades fluviais gratuítas da Deputación na Pontenova e Guitiriz

Máis de 115 persoas participaron na Pontenova, hoxe pola tarde, na zona de baño Pozo da Ola, da programación de actividades fluviais gratuítas da Deputación, que ofrece a todos os públicos e leva a todas as zonas da provincia, no marco do Plan Estratéxico de Turismo.  E tamen hoxe pola tarde, no Concello de Guitiriz na Área Recreativa de Parga, participaron destas actividades 70 persoas. Mañá domingo, as actividades continuarán na Ría de Abres, no Concello de Trabada, en horario de 16:00 a 19:00 horas.

 A programación inclúe atraccións inchables, tobogáns, balancíns, pulpos, rocódromos acuátiguitiriz

cos, pistas de obstáculos, kaiaks, waterballs… animacións musicais ou xogos populares. Cada sesión, que ten unha duración de entre tres e catro horas, conta coa supervisión de, canto menos, un coordinador e entre seis e doce monitores, que se encargan do coidado e atención dos participantes para garantir unha actividade divertida e segura. As persoas que non saiban nadar terán que ir acompañadas.

 Máis de 1.200 persoas participaron nas 9 primeiras actividades celebradas nos Concellos de Ribeira de Piquín, Navia de Suarna, Vilalba, Negueira de Muñiz, Ribas de Sil, Chantada, Monforte,  Sarria, Guitiriz e A Pontenova.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo