" />

19 centros educativos de 12 concellos participan no proxecto ‘EduEmprende’

O proxecto da Xunta Eduemprende, concibido para fomentar o espírito emprendedor entre o alumnado galego, conta este curso coa participación de 19 centros de distintos niveis educativos pertencentes a 12 concellos da provincia de Lugo.

O delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, explicou que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade acaba de publicar a resolución pola que se fai pública a relación de centros seleccionados durante o curso 2020/21 para tomar parte nesta iniciativa, denominada Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia.

Así, participan seis centros da cidade de Lugo – os CIFP As Mercedes e Politécnico, os IES Leiras Pulpeiro e Ánxel Fole e os CEIP Rosalía de Castro e Manuel Mallo Mallo -; dous IES de Monforte de Lemos – A Pinguela e Francisco Daviña Rey -; así como os IES Gregorio Fernández de Sarria, Lois Peña Novo de Vilalba e Fonmiñá da Pastoriza; o CEIP Plurilingüe Santa María da Fonsagrada e o CPR Berlarmino Fernández Iglesias de Sober.

Tamén están presentes seis centros mariñáns, dous deles de Viveiro – IES María Sarmiento e CPR Plurilingüe Landro -, así como os IES Perdouro de Burela e Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo, CIFP Porta da Auga de Ribadeo e CEIP Plurilingüe da Pontenova.

No contexto da covid-19, os programas eduemprende revisáronse e actualizáronse para proporcionar ao alumnado e ao profesorado a posibilidade dunha participación virtual, co obxectivo manter a convocatoria nunha contorna escolar saudable e segura. Nesta adaptación cómpre salientar o esforzo e a implicación das empresas e institucións colaboradoras.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo