1º de Maio, “Día Mundial da Clase Traballadora”

www.ugtgalicia.orgHoxe en Lugo están convocados dúas manifestacións para conmemorar o día da clase traballadora, a da CIG e a de CC.OO e UGT.

A CIG aproveitará a celebración do Primeiro de Maio, Día Internacional da Clase Obreira, para continuar coa súa campaña a prol da “recuperación dos dereitos laborais e sociais roubados coa escusa da crise e para reclamar a derrogación das sucesivas reformas antiobreiras”. A central conmemorará esta data coa convocatoria dunha manifestación que sairá ás 12.00 da Casa Sindical na Rolda da Muralla, baixo o lema “Recuperar os nosos dereitos, derrotar as reformas”.

Pola súa banda, CC.OO e UGT sairán á rúa, en Lugo media hora máis tarde que a CIG, é dicir ás 12.30, este primeiro de maio para esixir emprego estable, salarios xustos, pensións dignas e máis protección social. Os dous sindicatos afirman que “é a hora de que a mellora da situación económica chegue á clase traballadora deste país”

O sindicato nacional de CC.OO de Galicia e UGT-Galicia chaman a cidadanía  a participar nas mobilizacións convocadas para o primeiro de maio. As organizacións sindicais afirman que “é hora de que a mellora da situación económica chegue á clase traballadora. por esta razón, e so o lema «non hai escusas», nas manifestacións que se convocarán en todo o país esixirase emprego estable, salarios xustos, pensións dignas e máis protección social”.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo