" />

2.500 desempregados formaranse nas accións formativas financiadas pola Xunta

No último mes comezou a desenvolverse a programación de accións formativas para traballadores desempregados que financia a Xunta na provincia, ás que poderán acceder 2430 persoas, e seguirán sumándose cursos nas vindeiras semanas ata completar os 162 previstos.

Con este motivo, o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, presidiu hoxe unha reunión de coordinación á que asistiron representantes das 36 entidades que impartirán a formación, así como técnicos da Consellería de Economía, Emprego e Industria e a xefa territorial, Pilar Fernández.

O obxectivo da xuntanza, segundo afirmou Balseiro, é “propiciar un achegamento para que a información sexa fluída e así poder acadar os obxectivos propostos polas dúas partes”. O alumnado pode solicitar o centro e a materia na que se desexa formar a través do portal de Emprego https://emprego.xunta.gal/portal/index.php/gl/buscador-de-formacion .

Ademais, cabe lembrar que a Consellería incrementou nun 13,4% o orzamento deste programa, que alcanza na provincia un investimento de máis de 6,7 millóns de euros. O Plan de Formación da Xunta na provincia completarase proximamente coas actividades que organizan os centros propios da Consellería de Economía, Emprego e Industria en
Lugo, Viveiro e Monforte de Lemos, que sumarán en torno a 25 cursos e 1 millón de euros máis de investimento.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo