" />

2 casos activos menos por Covid-19 na área de Lugo

Lugo baixa dos 30 casos activos por coronavirus. Nas últimas 24 horas e segundo os datos facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade na súa última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Lugo é de 29, é dicir, 2 menos que no día de onte.

En Galicia o número total de casos é de 465, deles 105 son da área da Coruña, 31 da de Ourense, 11 da de Pontevedra, 184 da área de Vigo, 92 da de Santiago, e 13 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 11 están en unidades de hospitalización e 454 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.356 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 155.048.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo