O Concello e o CC As Termas colaboran co proxecto Wonderful que galardona a innovación

A concelleira de Economía, Ana Prieto, presentou unha iniciativa de apoio á innovación, acompañada polo Responsable do centro comercial As Termas, Esteban Patiño e o encargado  do proxecto Wonderful, Federico García Liñares un certame, a nivel provincial que premiará as iniciativas máis innovadoras de 8 centros comerciais de 8 cidades españolas, entre elas Lugo, en dúas categorías.

A primeira categoría irá enfocada á mellora de aspectos organizativos, de relación cos clientes ou de comunicación dos centros comerciais; e a segunda, céntrase na mellora da relación dos concellos cos cidadáns.

Ana Prieto puxo en valor que esta nova iniciativa é froito da “responsabilidade social empresarial, unha estratexia que xera un importante retorno económico, porque é unha vantaxe competitiva e un factor diferenciador, pero tamén un importante retorno social, e que resulta imprescindible nunha sociedade cada vez máis esixente coa sostibilidade e as formas socialmente responsables de negocio”.

O proxecto Wonderful en si mesmo, engadiu, “ten un marcado perfil social, pero tamén me gustaría salientar o marcado carácter social do seu contido, pois premiaranse, ademais de proxectos para centros comerciais e tendas, solucións innovadoras que melloren a calidade de vida do cidadán con respecto á súa cidade, un aspecto que como concello valoramos moito porque contribuirá a avanzar no modelo de cidade polo que traballamos: unha cidade máis amable, aberta, humana, cómoda…”

A Concelleira agradeceu a Lar España que elixise a Lugo para desenvolver este proxecto de impulso da innovación emprendedora, que acollerá só outra provincia galega e 8 en toda España, e animou aos emprendedores e empresarios do municipio “a participar cos seus proxectos. En Lugo temos moito talento”.

A este certame pódese presentar calquera persona física, que teña unha idea como explicou Garcia Liñares. este premio non só agasallará economicamente ao seu ganador senón que se lle premiará  co acceso á financiación tanto bancaria como de inversores privados, ademáis de programas de ordenador que faciliten a posta en marcha do proxecto así como difusión do plan tanto entre os concellos adheridos á rede de cidades intelixentes como nas páxinas do diario El Economista.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com