25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Este xoves asistiron a ESTOA, o programa de debate de LugoSiRadio que se emite de 7 a 8 da tarde no 96.9 da FM, convocados polo director do programa, Eloi Caldeiro, os seguintes convidados: Ana González Abelleira, Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Belén Ribera, psicóloga, Marta Rodríguez Engroba, presidenta da Asociación Si, Hai Saída e Álvaro Santos, Vicepresidente da Deputación de Lugo e responsable das Áreas de cooperación cos Concellos, Emprego e Benestar. No transcurso do debate reivindicouse máis medios para combater esta lacra social, así como, a concienciación cidadá sobre este grave problema que ten a nosa sociedade.

Asemade, incidiuse na necesidade de educar dende a infancia a nenas e nenos para que haxa no futuro unha autentica igualdade de xénero. Tamén se destacou a grande importancia de efectuar por parte das mulleres maltratadas no menor tempo posible a denuncia contra os seus maltratadores, para deste xeito, poder atallar o problema antes de que se produzan feitos irreversibles, como o que sucedeu hoxe mesmo na localidade madrileña de Fuenlabrada, onde unha rapaza de 26 anos foi asasinada polo seu noivo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com