" />

25 nenos participan no Campamento infantil de Trabada

A Deputada de Económica e Facenda e Alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, mantivo este martes un encontro cos 25 nenos que están a participar no Campamento Infantil Urbano, que organiza o Concello, e que financia o organismo provincial con 8.000 euros, e que servirán tamén para realizar ciclos teatrais ou talleres de manualidades, entre outros.

A Deputada explicou que “este completo programa de actividades culturais, que contribúe a conciliar a vida laboral e familiar dos veciños da vila, é unha oferta lúdica que esperta moito interese entre os máis pequenos do Concello”.

García Bermúdez subliñou que os nenos que participan nesta iniciativa “realizan xogos educativos e musicais, de interpretación, artísticos, experimentais e de educación en valores; e desenvólvense no Pavillón deportivo da vila”. Os rapaces, con idades entre os 3 e 12 anos, desfrutarán desta programación ata o 31 de agosto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo