27 concellos impulsaron a creación de superficies forestais coa axuda da Xunta

A Consellería do Medio Rural destinou 1.964.600 euros nos dous últimos exercicios para desenvolver 79 proxectos de creación de superficies forestais en 27 concellos da provincia de Lugo.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, sinalou que estes datos corresponden ás dúas últimas convocatorias deste programa de achegas: unha rematada e abonada ao longo deste ano (34 proxectos) e a segunda con 45 actuacións que se están a iniciar e culminarán na primavera do 2020. Engadiu que neste momento está aberta unha nova orde das axudas para a creación de superficies forestais e o prazo de solicitudes rematará o 22 de xaneiro. O orzamento consignado ascende a 8 millóns de euros.

Estas achegas teñen por obxecto establecer axudas para a creación de superficies forestais mediante plantacións con frondosas caducifolias ou con coníferas, en terras non agrícolas. Están dirixidas ás sociedades de fomento forestal (Sofor), aos propietarios particulares de forma individual, ás asociacións e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, ás cooperativas agrarias, aos pro indivisos, aos montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, ás comunidades de bens, outras persoas xurídicas e ás comunidades de montes veciñais en man común.

Paralelamente, a Consellería abriu unha convocatoria dotada con 1,8 millóns de euros para a concesión de primas de mantemento aos beneficiarios que executaron forestacións ao abeiro deste programa; en concreto, para contribuír ao coidado e á realización de traballos forestais posteriores á plantación de expedientes correspondentes aos anos 2016, 2017, 2018. O prazo de presentación de solicitudes remata o 2 de xaneiro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com