" />

28 casos activos menos na área de Lugo

Seguen baixando os casos activos por coronavirus en Lugo e provincia. Con estes datos o número de contaminados en Lugo e provincia ascende a 133.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.322, deles 530 son da área da Coruña, 133 da de Lugo, 362 da de Ourense, 123 da de Pontevedra, 626 da área de Vigo, 461 da de Santiago, e 87 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 25 permanecen en UCI, 166 están en unidades de hospitalización e 2.131 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 7.820 persoas curadas, rexistrándose 595 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 117.001.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo