" />

3 casos máis por Covid-19 elevan a 52 os afectados na área sanitaria de Lugo

Continúan a aumentar os casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo. Segundo a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade  nas últimas 24 horas, o número de casos activos en Lugo é de 52.

En Galicia o número é de 313, un menos ca onte;  deles 70 son da área da Coruña,  20 da de Ourense, 10 da de Pontevedra, 128 da área de Vigo, 23 da de Santiago, e 10 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 3 están en unidades de hospitalización e 310 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.633 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 185.374.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo