" />

Finalizan as obras de acondicionamento do río Cabe en Monforte

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA), a traveso da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, finalizou as obras de acondicionamento da canle e marxes do río Cabe ao seu paso por Monforte de Lemos, no tramo A Compañía -núcleo de Piñeira.

Esta mañá o presidente da CH do Miño-Sil, Francisco Marín e o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, supervisaron o resultado das actuacións, que hoxe se abren ao uso público, acompañados polo alcalde de Monforte, José Tomé.

O investimento realizado supera os 3,1millones de euros, financiados con cargo aos Fondos de Desenvolvemento Rexional (FEDER), sufragados nun 80% polo Ministerio, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, e o 20% restante pola Deputación Provincial.

O obxectivo conseguido co proxecto é a mellora ambiental e a protección de marxes fronte a inundacións do río Cabe no tramo que discorre pola zona urbana de Monforte de Lemos, entre A Compañía e Piñeira. As actuacións comezaron coa demolición de muros, estruturas, pavimentos e valos existentes nas zonas de actuación para continuar cun estudo fitosanitario das masas forestais de ribeira, para reformular as zonas a desbrozar e podar.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo