35 anos de cárcere a un home por agredir sexualmente a tres menores, entre eles o seu fillo

A Audiencia Provincial de Lugo vén de condenar a un home, veciño de Friol de 52 anos, a 35 anos de cárcere por varios delitos en relación ás agresións sexuais exercidas hacia tres menores, un deles o seu propio fillo.

Segundo considera a Audiencia, queda probado que o acusado mantiña conversas sexuais pola internet con diversas persoas entre as que se encontraban menores, e visitaba páxinas de pornografía. Todo elo, entre xaneiro de 2014 e marzo de 2016. Neste mesmo período e, incluso anos atrás, o condenado practicoulle en reiteradas ocasións actos sexuais de differente índole ao seu fillo diante da webcam do ordenador para ser visto por outras persoas e, algunhas veces, diante tamén da presenza doutro menor da mesma idade.

O menor referiulle en diversas ocasións ao seu pai que non quería manter as relacións sexuais de todo tipo ás que o encausado lle instaba, chegando a utilizar a forza física para amarrar ao menor e sometelo.

Dende 20011 e ata marzo de 2016, segundo indica o auto, o procesado exerceu sobre o seu fillo un comportamento de “absoluto sometemento e manipulación psicolóxica” que chegaba ata o punto de non deixarlle relacionarse nin saír da casa só.

Queda probado tamén que o condenado obrigou a outros dous menores a practicarlle actos sexuais, obrigandoos en ambos casos a realizarlle actos sexuais orais. Tamén nos dous casos, o acusado ameazou ás dúas vítimas (unha delas o seu sobriño) con contar a pais e profesores ás prácticas que lles obrigaba a manter de non satisfacelo correctamente e compraba aos menores con agasallos caros como teléfonos móbiles.

Por todo esto a Audiencia Provincial condena ao acusado a un total de 35 anos de prisión que se dividen en 12 anos por un delito de agresión sexual a menor, con acceso carnal  e prevalecemento de parentesco e superioridade; e 10 anos e seis meses por un delito de agresión sexual a menor de 16 anos por cada unha das outras vítimas. Asemade, condénaselle a dous anos máis por un delito de violencia física no ámbito familiar.

A todo esto hai que sumarlle as prohibicións de achegarse a 1000 metros de cada un dos menores durante 16 anos, e dez anos de liberdade vixiada, ademáis da privatización da patria potestade, 70.000 euros de multa que se repartirán en 40.000 para o seu fillo, e 15.000 para cada unha das outras vítimas así como o pagamento das costas xudiciais.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com