35 concellos da Provincia locen 84 vías provinciais renovadas

O Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, avanzou esta mañá que “en menos dun ano”, o goberno provincial mellorou un total que supera os 170 quilómetros de vías provincias renovados.  84 estradas que discorren por 35 concellos foron as beneficiadas nas actuacións levadas a cabo polo executivo cun investimento de 5,5 millóns de euros.

O Plan de Mellora de Estradas, posto en marcha no 2017 cun orzamento de 15 millóns de euros, renovará en total 300 quilómetros da rede viaria máis extensa do territorio español; o que significa que  a Deputación xa leva executadas o 56% das accións plantexadas para este investimento.

Fernández Queipo avanzou que “xa están mellorados 41,1 quilómetros, o que supón o 12,5%, e atópanse a piques de rematar, pendentes do pintado ou sinalización, os traballos noutros 130 quilómetros, o que supón o 43,8% do total”.

O Vicepresidente engadiu que “por outra banda, xa se atopan contratadas obras noutros 14 concellos para o arranxo de 27 estradas, cun investimento de 2 millóns de euros, o que supón que nas vindeiras datas se iniciarán novos traballos de mellora en 60,3 quilómetros, o 20% do total. E, finalmente, atópanse en proceso de licitación 41 estradas de 18 Concellos, que contan cun orzamento de 3,2 millóns de euros, o que supón o 22,7% do total. O obxectivo é chegar ao 2019 co 50% da rede viaria, é dicir, uns 2.000 quilómetros, con aglomerado en quente”.

Xunta de Goberno

Asemade, o Executivo da Deputación aprobou hoxe en Xunta de Goberno destinar outros 605.000 euros para a
mellora e acondicionamento da estrada LU-P-2204, de Momán ás Pontes, no Concello de Xermade. Este investimento permitirá renovar o firme con aglomerado en quente nun treito de 3 quilómetros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com