" />

4 casos activos menos por Covid-19 nas últimas 24 horas na área de Lugo

Nas últimas 24 horas e segundo os datos facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade hai 4 casos menos de infectados por coronavirus na área de Lugo, o que fai que nestes momentos o número de afectados por Covid-19 na provincia sexa de 54 casos.

Na súa última actualización, a  Consellería de Sanidade informou de que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 823, deles 205 son da área da Coruña, 54 da de Lugo, 107 da de Ourense, 38 da de Pontevedra, 254 da área de Vigo, 143 da de Santiago, e 22 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 5 permanecen en UCI, 49 están en unidades de hospitalización e 769 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.798 persoas curadas, rexistrándose 615 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 137.544.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo