" />

46 novos positivos elevan a cifra de casos activos na área sanitaria de Lugo a 542

Nas últimas 24 horas rexistráronse na área sanitaria de Lugo 46 novos positivos, 6 máis que onte que se contabilizaran 40. Con estes datos, continúa a tendencia á alza e segundo os datos facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o número de casos activos na provincia é de 542.

No que respecta ao número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.675, deles 911 son da área da Coruña, 542 da de Lugo, 1.489 da de Ourense, 564 da de Pontevedra, 995 da área de Vigo, 891 da de Santiago, e 283 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 47 están en UCI, 317 en unidades de hospitalización e 5.311 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 24.255 persoas curadas, rexistrándose 847 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 609.516.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo