A Asociación de Veciños “Porta de Lugo” acaba de ter coñecemento de que Feijoo, a EOXI de Lugo e a Consellería de Sanidade, pretenden desmantelar o Centro de Saude do “Sacro Corazón”, sen argumentos admisibles e sen ter en conta aos usuarios e aos seus representantes, neste caso a Asociación Veciñal. Segundo as informacións recibidas, queren levar a outros centros, os servizos de: Pediatría, Asistencia Social e Farmacéutico, cubertos ata a data con persoal contratado, situación esta que facilita a súa manipulación con presións políticas. É claro que isto foi planificado de forma oscurantista en momentos de Pandemia, e non imos permitilo baixo ningún concepto,   convocando tan pronto como  sexa posible mobilizacións multitudinarias para frear tal barbaridade.
Hai uns anos esta Asociación recibiu un escrito da Conselleria de Sanidade, onde fai público que o Centro de Saude Sacro Corazón non sufrirá recortes nin de persoal nin de servizos en ningún caso. Os escritos dos anos 1993 e 1995, están asinados por D. Xosé Manuel Romay Beccaría, Conselleiro de Sanidade e por D. Jaime Torres Rey Director Xeral de Asistencia Sanitaria. Hai solucións de espazos que poidan ser requiridos para uso de servizos nestes momentos para evitar aglomeracións que igualmente estarán nos demais Centros de Saúde da cidade. Pero de calquera cambio aínda que sexa provisional, temos que falar. Para incrementar a presión ante esta nefasta información, esta Asociación Veciñal, xa contactou coa Federación Veciñal da Provincia de Lugo, para solicitar o seu apoio como membros do devandito colectivo e evitar así uns malos tratos á zona e aos miles de usuarios que teñen como referencia o Centro de Saude Sacro Corazón.
Lugo ao 4 de Maio de 2020
Asdo.: José Manuel Carballo Vázquez Presidente AA. De VV. “Porta de Lugo”
  • Copiar

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com