" />

500 persoas desfrutaron en Lugo das actividades fluviais gratuítas da Deputación

500 persoas participaron hoxe pola tarde en Lugo, no Club Fluvial, da última das programacións de actividades fluviais, gratuítas e para todos os públicos, que o Goberno da Deputación levou durante agosto e comezos de setembro a Concellos do interior de todas as zonas da provincia. Faino no marco do 1º Plan Estratéxico de Turismo, cumprindo cunha das súas liñas de actuación, que é a posta en valor dos recursos e zonas fluviais lucenses, ofrecendo nas mesmas unha alternativa deportiva e lúdica coa que promover o sector turístico.

A programación incluiu atraccións inchables, tobogáns, balancíns, pulpos, rocódromos acuáticos, pistas de obstáculos, kaiaks, waterballs… animacións musicais ou xogos populares. Cada sesión, que tivo unha duración de entre tres e catro horas, contou coa supervisión de, canto menos, un coordinador e entre seis e doce monitores, que se encargan do coidado e atención dos participantes para garantir unha actividade divertida e segura.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo