" />

500 persoas participaron na manifestación en defensa do sector lácteo en Guitiriz

Unhas 500 persoas participaron hoxe na manifestación en defensa do sector lácteo que organizou o Concello de Guitiriz a petición dos gandeiros do municipio. Todos os comerciantes e hostaleiros tamén se sumaron a esta convocatoria e pecharon os seus establecementos de 11:30 a 12:30, durante o percorrido de protesta polas rúas.

Tamén o fixeron os deputados provinciais socialistas Álvaro Santos Ramos e Pablo Rivera Capón, así como os Alcaldes de Guitiriz e Xermade, Regina Polín e Roberto García Pernas.

Polín reivindicou a posta en marcha de medidas en defensa do sector lácteo e do campo.“Sumemos esforzos para dignificar a vida no rural e loitemos para conquerir que se page ao produtor de leite o que se merece, sempre máis que ao intermediario; para que o gandeiros non vivan pendente de axudas e limosnas; para que se favoreza a vida no rural, axilizando e reducindo trámites burocráticos; para que se forme á xente nova e saiba aproveitar os recursos que ofrece o campo; para que se recuperen os vellos oficios; para que se recoñeza o traballo dos novos avós”, subliñou a alcaldesa do municipio.

Á manifestación en Guitiriz séguelle a tractorada en Vilalba que a Plataforma en Defensa do Sector Lácteo ten programada para o próximo 20 de agosto. Mañá terá lugar na localidade vilalbesa un encontro organizativo desta convocatoria, no que participará o voceiro provincial socialista, Darío Campos Conde.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo