" />

53 novos positivos por Covid, sitúan a cifra total de casos activos en 783

Un novo aumento do número de positivos por Covid-19, achega á provincia de Lugo aos preto de 800 casos activos. A significativa suba de 53 pacientes confirmados onte que se suman ás, tamén altas, cifras dos últimos días fan que a provincia continúe en alerta vermella con 783 casos activos.

Con esto a presión  hospitalaria sigue tamén á alza, e rexistraba á última hora de onte, 39 hospitalizados nos centros da provincia -6 máis que na xornada anterior-, e cinco deles, na Unidade de Coidados Intensivos do HULA. Ademáis, cabe destacar que no día de onte finaba un paciente diagnosticado de Covid-19, de 104 anos, no Hospital Lucus Augusti. Con él son xa 93 as persoas falecidas na provincia a causa do coronavirus.

Da outra banda, 16 persoas sumábanse onte ás xa máis de 3.200 altas recibidas na nosa provincia, dende o comezo da crise sanitaria.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo