55 novos positivos por coronavirus na provincia de Lugo, onde aumentan os casos activos

55 novas confirmacións de casos positivos en coronavirus. Así o informou esta mañá o Sergas. Un descenso importante en relación cos casos confirmados onte pero que non se fai efectivo se se pon o ollo no número de casos activos. Un total de 1071 persoas que, nestes momentos, teñen infección activa, e que supoñen 29 máis ca onte, debido as poucas altas rexistradas. 

Con todo, mantense a presión hospitalaria en 53 pacientes ingresados nos diferentes centros hospitalarios da provincia, dos cales 6 están na UCI do Hula. O día de hoxe vén cargado cun tinte negativo, e é que catro persoas faleceron durante o día de onte na provincia. Trátase de catro mulleres, tres delas estaban hospitalizadas no HULA e proviñan da Residencia San Salvador de Guntín, tiñan 89,90 e 96 anos de idade. A cuarta falecida, de 96 anos, permanecía ingresada no Hospital da Mariña provinte da Residencia de San Cibrao.

O xerente da Area Sanitaria da provincia, Ramón Ares, facía un chamamento na tarde de onte a toda a cidadanía e é que, mentres o resto de Galicia semella que está a vivir unha melloría no número de casos de Covid19, a provincia de Lugo continúa en cifras moi inestables. Unha situación que “precocupa” seriamente a Ramón Ares que pon o ollo, especialmente, na capital, onde a situación “non está controlada”. Segundo afirma o directivo do Sergas, a curva de contaxios non baixa malia as medidas tomadas e, o que máis preocupa, é a presión hospitalaria.

Os centros hospitalarios continúan a mesma actividade programada e a atención das urxencias polo que a ocupación de camas, sobre todo en críticos, comeza a ser preocupante non só por pacientes covid, que se manten en cifras semellantes dende hai semanas, senón que tamén hai, di Ares, unha ocupación importante en UCI de pacientes sen covid.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com