6 casos activos de coronavirus menos na área de Lugo

Un día máis os contaxios por coronavirus baixan na área de Lugo. Se onte eran 69, hoxe e segundo a última actualización da Dirección General de Salud Pública de la Consellería de Sanidad a provincia de Lugo conta con 63 casos, 6 menos que onte, o que nos leva a contar outro día máis cunha baixada no andacio.

Nas últimas 24 horas, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 990, deles 252 son da área da Coruña, 63 da de Lugo, 160 da de Ourense, 50 da de Pontevedra, 273 da área de Vigo, 161 da de Santiago, e 31 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 13 permanecen en UCI, 72 están en unidades de hospitalización e 905 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.505 persoas curadas, rexistrándose 608 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 130.424.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com