600.000 persoas visitaron a cidade durante o Arde Lvcvs

Continuando co percorrido polas dependencias municipais para coñecer aos  traballadores do Concello, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, estivo esta mañá no  Parque de Bombeiros de Lugo, encontro que aproveitou para trasladar ao persoal o “agradecemento en primeira persoa” polo bo traballo acometido durante a celebración  do Arde Lvcvs, parabéns que tamén deu á Policía Local e aos voluntarios de  Protección Civil.

Lara Méndez confirmou asemade que se cumpriron as expectativas e unhas 600.000 persoas visitaron a cidade para participar nas 260 actividades organizadas para o evento.

En canto aos prazos para a formación do Goberno local, a rexedora subliñou que esta  semana continuarán os contactos para seguir avanzando e pechar acordos que  garantan a constitución do executivo “canto antes”. Destacou neste senso que “non hai  ningunha cuestión infranqueable para chegar a acordo; negociable, todas”. A Alcaldesa  engadiu que non vai “escatimar” para garantir unha xestión municipal de calidade.

“Queremos acoutar o gasto o máximo posible, con dúas premisas: unha, de tres grupos municipais pasamos a seis, e dúas, non vamos renunciar a un goberno estable, funcional, eficaz e eficiente, para o que necesitamos medios materiais, económicos e  de recursos humanos”, explicou.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo