64 operarios e 32 máquinas atenden incidencias de xeo e neve na rede viaria provincial

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, informou hoxe que o Goberno mantén activado o dispositivo de inverno co que facer fronte a calquera incidencia, relacionada coas inclemencias meteorolóxicas, na rede viaria provincial, a máis extensa do estado con 4.200 quilómetros.

Campos Conde explicou que “arestora son 64 operarios e 32 máquinas as que están despregados nos municipios con maior risco de acumulación de neve ou xeo, uns 35, que xa están a realizar labores de prevención para dar resposta ás posibles inclemencias meteorolóxicas que se poidan producir. Para elo, continuarase a estender sal nas vías coas que garantir que non se formen placas de xeo, evitando o uso doutro tipo de fundentes máis agresivos coas estradas e co medio ambiente”.

O dispositivo despregado pola Deputación atópase dividido en 8 zonas da rede viaria provincial. Por cada unha delas hai 8 vehículos -2 máquinas quitaneves con cuña, 2 tractores adaptados con saleiro e cuña, 2 pick up, adaptadas con cuña e saleiro e 2 vehículos de apoio con medios mecánicos- e 14 operarios. Isto significa que, en total, a Deputación ten 64 máquinas e 112 operarios previstos para actuar durante as 24 horas do día en calquera punto da provincia.

Ademais, cada empresa adxudicataria que atende a cada zona terá que dispoñer do dobre de medios, por si fóra preciso utilizalos. A maiores aparte desta maquinaria, o dispositivo tamén conta con varias máquinas do parque móbil como palas mixtas ou camións, que se engaden ao protocolo de actuación se é preciso.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com