69 mulleres son as protagonistas da mostra ‘Recolectoras’ que se pode ver no Museo de Lugo

Esta tarde inauguráronse no Museo Provincial de Lugo as mostras Recolectoras: Memoria e Terra e Proximidade Llunyana, que forman parte do programa Mulleres rurais que se ven desenvolvendo desde a Rede Museística da Deputación de Lugo desde o pasado mes de outubro e que sitúa a mulleres que viven no rural no centro de procesos creativos.

Recolectoras. Memoria e Terra, comisariada por Alexandra R. Rey, recolle as creacións realizadas por 69 mulleres que viven no rural en obradoiros e encontros coas artistas María Gar, artista gráfica e instalativa; Ana Gesto, artista visual e perfomance; Isabell Seidel, pintora; e Andrea Torres, en diferentes emprazamentos, desde os propios domicilios das participantes ata espazos cedidos por outros colectivos.

Trátase de fotografías con composicións determinadas polos relatos das protagonistas, serigrafías e pezas cerámicas que as participantes realizaron acompañadas polas artistas, que lles facilitaron os recursos e as indicacións técnicas, e inspiradas nas súas traxectorias vitais, vinculadas ao rural.

Nese proceso creativo compartido fixo fincapé a comisaria da exposición, Alexandra R. Rey, explicando que “esta emoción  representa moito mais que unha mostra de resultados. Representa os momentos de compartir, de aprendizaxe, de cuestionamento, de euforia, de realidade. Representa un proceso de convivencia no cal medramos xuntas. Podo afirmar que a pegada que deixades nas catro artistas que conforman este proxecto e en min mesma é profunda e eterna. Dise que cando unha artista crea, deixa parte da súa alma na peza, e sen dúbida non pode ser mellor definición para este proxecto: corpo, alma e Terra”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com